Acceso.
Pasatempo Betanzos é un espazo para gozar da música e a cultura en condicións de total seguridade.
O acceso é sinxelo e rápido pola súa proximidade á AP-9 e á A-6.
O recinto atópase enmarcado dentro dun tradicional parque da cidade de Betanzos, situado a 5 minutos das saída da A-6, a 20 minutos da Coruña, 30 minutos de Ferrol e 50 minutos de Santiago de Compostela e Lugo.
O Espazo.
O parque ideado a principios do século XX foi remodelado para uso e goce dos betanceiros.
Actualmente alberga estanques, zonas verdes, un auditorio ao aire libre, grutas subterráneas e área infantil de xogos.
É precisamente este auditorio ao aire libre o que proporciona o marco ideal para a realización de eventos, ofrecendo un espazo versátil ao que adaptar as novas medidas de seguridade.
O inicio dos concertos antes do anoitecer permiten a público e artistas gozar do espazo que lles rodea.
O completo deseño do recinto para a programación de 2021, baseouse no estrito cumprimento das medidas de protección do momento, en distanciamento persoal, circulación de persoas, accesos e medidas de hixiene.
Aforo.
4.000 persoas de pé.
1.800 persoas, en cadeiras e bancadas, segundo medidas de protección do verán 2020.
Posibilidade de realizar dúas sesións diarias.
Aparcadoiro gratuíto para 500 vehículos a 100 metros do recinto.