CONDICIÓNS XERAIS

Condicións xerais do contrato polo que se adquire a entrada para os concertos do Festival do Pasatempo 2025

ACEPTACIÓN E INCORPORACIÓN CONTRACTUAL

A adquisición da presente entrada outorga á persoa que a adquire un título nominativo, que lle permite acceder ao recinto musical onde se celebrarán os concertos do Festival do Pasatempo os días 27 e 28 de xuño de 2025, o día ou os días seleccionados ao realizar a compra. A entidade resérvase o dereito para poñer á venda entradas diferentes ás consideradas nas presentes condicións, previa publicación destas por este mesmo medio.

O contrato polo que se adquire a entrada será rexido polas seguintes condicións xerais:

A adquisición da entrada para o Festival do Pasatempo supón a aceptación das seguintes Condicións Xerais de Uso, ofrecidas por Play Plan Cultural SLU, (en diante a Organización / promotora), con CIF: B-94168705, domiciliada en Bueu, rúa Ramón Bares 42, Baixo (CP 36930).

ENTRADA

Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será reembolsado o seu importe. En caso de anulación total do evento a Organización comprométese a devolver o importe da entrada, pero non o custo de distribución que as canles de venda aplican ao prezo da mesma, ao tratarse este de un servizo prestado polas canles de venda no momento da compravenda da entrada. En ningún caso se devolverá́ o importe das entradas se a cancelación se producise unha vez comezado o evento.

A Organización resérvase o dereito para alterar ou modificar o programa do evento, ou suspender ou alterar calquera das actividades e actuacións propostas no cartel.

A persoa usuaria terá dereito á devolución do prezo da entrada e abono, despois da reclamación e de acordo con estas condicións de venda, nos supostos seguintes:

No caso de reanudación o mesmo día, non haberá dereito a devolución.

Poderase exercer o dereito a devolución ata 14 días despois do feito causante, mediante reclamación á organización.

Non haberá devolución por expulsión ou denegación por incumprimento das condicións.

As entradas serán nominais, requiríndose DNI ou pasaporte á entrada. Só serán válidas se adquiridas en https://www.pasatempoenbetanzos.gal/ ou Enterticket.

Entradas danadas ou con indicios de falsificación non serán válidas.

Aplicaranse controis electrónicos para verificar a validez das entradas.

A Organización non se responsabiliza de danos ou roubos dentro do recinto.

A revenda sen autorización será perseguida legalmente.

ADMISIÓN

A Organización resérvase o dereito de admisión. Poderanse realizar rexistros conforme a lei.

Prohíbese a entrada con obxectos perigosos, armas, paraugas de punta, animais (agás cans guía), vehículos non autorizados e drons.

Permítese comida individual en envoltorios permitidos, xunto cunha declaración responsable.

Incumprimentos poderán derivar en expulsión.

Actitudes violentas, drogas ou acceso a zonas restrinxidas serán motivos de expulsión.

MENORES DE IDADE

En cumprimento do disposto na Lei do Parlamento de Galicia 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, a Organización do Festival do Pasatempo establece as seguintes normas de acceso para as persoas menores de idade:

Entradas:

Condicións:

En cumprimento da normativa vixente, a Organización establece as seguintes condicións de permanencia para as persoas menores de idade dentro do recinto de concertos:

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E IMAXE

Os asistentes poden aparecer incidentalmente en imaxes tomadas no evento, consentindo o seu uso con fins promocionais e comerciais.

A Organización é titular dos dereitos de imaxe e propiedade intelectual derivados do evento.

Para uso profesional de cámaras requírese acreditación. Contacto: comunicación@playplan.es

Prohíbese uso da entrada con fins publicitarios sen autorización. O incumprimento implicará penalización económica.

PROTECCIÓN DE DATOS

De acordo coa Lei Orgánica 15/1999, os datos serán comunicados á Promotora para a xestión do evento.

A Organización pode modificar estas condicións previa publicación. A lectura das mesmas é responsabilidade do usuario.

As reclamacións deberán acompañarse da entrada.